Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de julio de 2015

INAUGURACIÓN DA LXIII FESTA DO ALBARIÑO










A inauguración oficial da LXIII Festa do Albariño de Cambados tivo lugar ás 13,30 horas, a cargo da alcaldesa de CambadosFátima Abal, escoltada polos seus compañeiros na corporación, ademais de contar coa presenza da nova presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva e a conselleira do sector, Rosa Quintana. As palabras do cineasta cambadés Juan Galiñanes, pregoeiro da festa, antecederon o corte da fita de inauguración da Festa. Nesta xornada inaugural está prevista a celebración dunha das novidades deste ano, o I Festival do   Albariño  en galego, que se vai celebrar na praza de Fefiñáns e que contará coas actuacións de Killing FloorSokramSés e Dios Ke Te Crew.

Cabaleiros, Damas, Xóvenes Albariñenses e Follas de Prata



O Capítulo Serenísimo, esa Orden tan especial e que vai por diferente camiño,  tamén fixo pública esta mañá a lista de distincións polas que se nomea a "damas e cabaleiros" e as distincións de "albariñenses de honra" e "xóvenes albariñenses".

As novas tres damas do Albariño serán Fátima Abal alcaldesa deCambados dende o pasado mes de maio, Rosa Vilas Núñez, directora TVG e natural de parroquia de Vilariño, e a escritora británica e apaixonada do viño Sarah Jane Evans, presidenta así mesmo do Institute of Masters of Wine.

Entre os "cabaleiros", figuran Juan Carlos Escotet, presidente de ABanca, Isidro Serantes, xerente da adega Bouza do Rei e o xornalista Manuel Giménez Cuevas.

As distincións do Capítulo Serenísimo como "xóvenes albariñenses" foron para Ricardo Abal PadínJavier Cadavedo LópezElena Dorada LombaPaula Lobato MoyánsAlicia Martínez Portas e Ana Montáns López. O título de "albariñense de honra" foi concedido á agrupación de adegas "Terras do Asorei", á "Confraría do viño deCarcavelos" e ás cooperativas Viña Almirante e Vitivinícola de Arousa.

Por último, as Follas de Plata serán este ano para José Mª Costa,José Juan Durán HermidaHoracio Gómez AraujoAna Méndez GilAlberto Nanclares Ocio e Manuel Trigo Durán.


O tradicional acto de investidura de "damas e cabaleiros" producirase este próximo domingo, como é habitual, no patio de Armas do pazo de Feliñáns.






Video do pregón de Arousa Si Radio

Corte da cinta








VÍDEOS AROUSA SI RADIO




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.