"Imos arrimar un pouco o ombro entre todos, confraría, Concello e Porto de Cambados para facer algo moito máis austero", explicaba hai uns dias a xerente da empresa, Mar Ambroa. Así, a festa durará tres días como é tradicional, e terá lugar entre o venres, 17 de xullo, e o domingo 19. Eses días son moi especiais para os mariñeiros cambadeses, pois tamén celebran as festividades da Virxe do Carmen, patroa dos pescadores, e de San Antonio, patrón do pósito cambadés. Polo medio o 18 celebrarase a festividade da patroa de Cambados, Santa Mariña.
Na festa montarase a carpa gastronómica no Paseo da Calzada, na que se poderá degustar a vieira. Este ano a cociña estará dirixida por Rafa Centeno, cociñeiro do "Maruja Limón" e o xefe de cociña cambadés Yayo Daporta ofrecerá un taller. Ambos os dous posúen Estrelas Michelín. Ademais, a asociación Guimatur ofrecerá visitas guiadas gratuítas para coñecer o traballo nos bancos marisqueiros da vila.
Dia17, venres SAN ANTONIO
As 21 horas misa cantada pola Coral Santa Mariña na igrexa parroquia, e pola noite actuará o grupo cambadés The Sharknados e Mandarina Jack.

Dia 18, sábado SANTA MARIÑA
As 09:00 Misa Rezada e salva de bombas anunciando o comezo da festa
As 10:00 Alborada coa BANDA DE MUSICA CULTURAL DE RIBADUMIA, OS CARBALLEIRAS e o GRUPO DE GAITAS ABRENTE de A Estrada
As 12:00 Misa cantada
As 13:00h. CAMPIONATO DA RÁ
19:00h Diante do concello BAILES REXONAIS polo GUPO DE GAITAS ABRENTE
20:30h. Misa rezada e ao seu remate PROCESION
22:30h VERBENA polas ORQUESTAS: GRAN VIA e AVENIDA
Dia 19, domingo, VIRXE DO CARMEN
Pola mañá Alborada co grupo folklórico Os Carballeiras de Vilariño e a Banda de Música de Castrelo.
As 11 misa cantada pola Coral Santa Mariña na igrexa de San Benito de Fefiñans, ao remate da misa, acompañamento das imaxes dos santos ata a Confraría de Pescadores.
As 18.30 horas Misa ao aire libre no porto de Tragove. De seguido procesión e pola noite , gran verbena amenizada pola orquestra Principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.