A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño.O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra.
Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a camiseta gañadora, e a dous finalistas.
O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100.
O prazo de presentación dos deseños é ata o 31 de xullo e os interesados en inscribirse deberán presentar un exemplar da camiseta e cubrir unha ficha cos datos dun membro da peña nas oficinas de Zona Centro, na rúa Ourense nº8, de 9 a 14 horas.
A XIX edición do que é xa todo un clásico da Festa do Albariño foi presentada esta mañá no Concello de Cambados polo presidente da Asociación Zona Aberta, Juan Rey, e os Concelleiros José Ramón Abal e Xurxo Charlín.
O portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, destacaba a disposición do novo executivo para colaborar con Zona Centro en todo aquelo que precise o colectivo, porque entende “que dada a situación económica o concello debe apoiar a todos os sectores productivos de Cambados e igual que se fai co sector do mar se debe estar tamén o carón dos comerciantes”.

Asimesmo, tamén desvelaba o portavoz do goberno local que este ano non haberá “Raíña das Festas do Albariño”, e probablemente en anos posteriores tampouco. Considera o novo equipo de goberno que “se hai raiña tamén ten que haber rei”
Pola súa banda, o presidente de Zona Centro aproveituou a ocasión para anunciar que este ano se volverá a celebrar a Feira de Oportunidades, que os días 14, 15 e 16 de agosto.
INFO: AROUSA SI RADIO

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.