Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2015

AS CONFRARÍAS AROUSÁNS MOLESTAS COA CONSELLERÍA DO MAR








Enfado monumental entre os patróns da ría de Arousa. Despois de seis meses agardando unha proposta da Consellería do Mar para rexenerar os bancos marisqueiros, a proposta que lles presentaron onte parécelles unha burla. Cren que as medidas chegan tarde e son insuficientes.
  As medidas chegan tarde e son insuficientes. Na reunión de onte da consellería do Mar cos patróns, o sector quedou decepcionado. O descontento é maior pola tardanza da Consellería. Os técnicos levan seis meses recollendo datos sobre o terreo e facendo informes; actuacións que valoran en 700.000 euros. Unha perda de tempo para os patróns. Facer arados na zona de O Bohído e limpar as algas e loitar contra os depredadores en O Cabío, son as propostas da Xunta para recuperar a capacidade produtiva destes bancos. Para Os Lombos do Ulla, proponse un dragado dunha superficie duns 20.000 metros cadrados, unha acción que se realizaría a dous meses do arranque da campaña de libre marisqueo. O enfado do sector é maiúsculo, e os patróns insisten na petición que fixeran xa no seu último escrito: a reclamación da dimisión de Rosa Quintana e o seu equipo. Os patróns reuniranse o vindeiro luns para analizar a proposta en profundidade e trazar a súa folla de ruta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.