TELÉFONOS DE INTERESE

14 de junio de 2015

VOLCO XERAL EN PONTEVEDRA. O PP PERDE LOCALIDADES EMBLEMÁTICAS





Os pactos fraguados nas últimas horas depararon sorpresas no mapa político municipal, que tras as eleccións municipais do pasado 24 de maio deixaran xa un panorama moi fragmentado que facilitou a perda histórica de numerosas alcaldías que ata agora ostentaba o Partido Popular, no que xa pode confirmarse como os peores datos da súa historia. É o caso de Cambados, que agora pasará a estar gobernado pola socialista Fátima Abal, ou Grove, onde gobernará José Cacabelos, tamén do PSOE, ou Lalín, unha praza emblemática para os populares que agora será rexida por Rafael Cuiña, de Converxencia por Galicia e fillo do que fose un dos dirixentes do PP galego, Xosé Cuiña

Deste xeito, e á espera do que suceda no concello de Caldas de Reis, cuxa constitución está pendente -a decisión da Xunta Electoral Central de anular dous votos que daban a maioría absoluta ao PSOE ten sido recorrida-, o PP queda con só 28 concellos; 19 menos que en 2011, cando conseguira o bastón de mando nun total de 47 municipios, e menos da metade das 63 casas do concello que hai na provincia.
PP perdeu os concellos de CangasMoañaGondomarNigrán, O PorriñoMondariz, Ás NevesPonteareas, Covelo, Tui, Barro, Pontecaldelas

CambadosO GroveRibadumiaSanxenxoVilagarcía, e Lalín.

Pero os cambios afectan a todos os signos, xa que se produciron 29 renovacións na cadeira de mando, xa sexa pola perda de maioría ou polo cambio do cabeza de lista que presentaban os partidos gobernantes, como o caso da Guarda, onde nesta ocasión o PSOE presentou Antonio Lomba en substitución de Domínguez Freitas. Tamén o efecto das mareas a ruptura do BNG tras o congreso de Amio -aínda que así conseguiu manter moitas das súas alcaldías- deixouse sentir fortemente na Pontevedra. Un caso destacable é o de Mondariz, onde a candidatura de AporM encabezada por Xoán Carlos Bugarín -que antes fora cabeza de lista do BNG-conseguiu romper coa hexemonía do PP neste concello.
PSOE, pola súa banda, gobernará en 18 concellos, incluído o de Vigo, onde conseguiu maioría absoluta. O BNG ten nove alcaldías, coa de Pontevedra como insignia, e o resto está en mans das plataformas cidadás.  





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.