TELÉFONOS DE INTERESE

15 de junio de 2015

5000 SELFIES CONTRA #AME ACADADOS





Xa temos os 5000 selfies contra a #AME.


Artistas, deportistas, escritores, políticos, pero sobre todo xente anónima fixeron xa a sua autofoto coa lingua fora para burlarse da "AME"  (Atrofia Muscular Espinal) en solidaridade con Merchi Álvarez Fernández e todas as persoas que como ela padecen esta rara enfermidade.
Tíñamos que acadar 5000 pero temos que seguir para acadar moitas máis das que nos propuxemos.
Prensa nacional e local, radios locais xa se fixeron eco do evento.
Podedes seguir a poñer o hashtag #stopAME nas vosas fotografías no evento creado polo Grupo Cambados Noticias neste ENLACE.



Merchi con parte da sua familia
QUE É A "A.M.E."
A Atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular. Isto acontece debido á afectación das neuronas motoras da médula espiñal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofíen.

A atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade hereditaria autosómica recesiva: ambos os dous pais teñen que ser portadores do xene responsable da enfermidade. Aínda que ambos os dous pais sexan portadores, a probabilidade de transmitir o xene defectuoso é do 25%: un de cada catro e independente en cada novo embarazo.


Considérase a segunda causa principal de enfermidades neuromusculares, cunha incidencia de 4 afectados por cada 100.000 persoas. Dáse en ambos os dous sexos por igual (as formas infantís).

Calcúlase que ten unha incidencia de 1/10000 nacidos vivos, cunha frecuencia de portadores (levan unha soa copia do xene mudado, polo que non padecen a enfermidade) entre 1/40 a 1/60 estímase que existen máis de 1.500 afectados en España.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.