TELÉFONOS DE INTERESE

14 de junio de 2015

NOVOS ÉXITOS DO CLUBE VITALSPORT





Este sábado día 13, celebrouse o Torneo Vila de Castroverde, na modalidade de combate, desprazando ata esa localidade, o Judo Club Senín - Ximnasio Vital Sport, aos competidores Cambadeses Fran Trigo Silva  e a Jaime Silva Ruiz.
  

No caso de Fran Trigo, tras gañar catro combates, alzouse co primeiro posto do podio e conseguindo unha excelente medalla de ouro da categoría Infantil, revalidando posto e podio neste campionato, xa que o ano pasado tamén conseguiu alzarse coa primeira posición do podio na categoría alevín, e un gran mérito o posto conseguido este ano ao gañar a categoría, sendo o primeiro ano que compite na categoría Infantil. 

No caso de Jaime Silva Ruiz, competiu na categoría cría, conseguindo unha meritoria medalla de bronce, gañando un combate pero perdendo os dous seguintes contra competidores dun moi alto nivel e mellorando o resultado do ano pasado neste mesmo Torneo, no que quedara fóra dos postos de podio, e conseguindo subir a el este ano. Destácase que o Judo Club Senín - Ximnasio Vital Sport, tamén conseguiu un trofeo como equipo ao conseguir a Copa de Bronce por Equipos do Torneo, o cal supuxo unha alegría e gran satisfacción por parte do monitor e dos competidores infantís do Club, José Trigo, así como por parte do Responsable de toda a sección de Judo do Judo Club Senín - Ximnasio Vital SportAndrés Senín, o cal tamén acudiu a esta campionato, pero no seu caso para realizar o labor de árbitro, como Árbitro Nacional de Judo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.