O que moitos nos temíamos aconteceu. A exixencia de Abal Varela de ser alcalde dou ao traste coa posible coalición dos catro grupos da oposición para mudar os 28 anos de goberno do Partido Popular.
O querer cumprir o primeiro dos puntos do teu programa vai facer case imposible que cumpras os outros trece.
Lembra o teu "eslogan"....
"14 COMPROMISOS PARA UNHA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA"
PORQUÉ NON PODES CUMPRIR OS OUTROS TRECE?
Será moi difícil que sin ter o goberno, poidas vaixar os soldos a xente que non o fixo ou non o leva no seu programa.
Será complicado ter un encontro co alcalde, e si non que lle pregunten a moita xente que agarda a ter unha reunión con el desde hai tempo.
Non poderás levar a cabo a auditoría que tanto pides si os que están non
fixeron máis que o contrario, ocultando documentación sistemáticamente. Sentencias hai nese sentido.
Non poderás consultar cos veciños nada, ou non sabes que en Cambados funciona o "fago o que quero e me da a gana".
Non poderás suprimir o persoal de confianza do alcalde, eses a quen chamas "enchufados" e querías que desaparecesen.
O apoio aos pensionistas? Xa se veu o que fixeron, apoiar mocións en Cambados e non protestar ante a Xunta nin Goberno Central.
Non poderás traer as urxencias pediátricas de novo a Cambados porque, casi 7 anos despois, a quen vas facilitar a gobernabilidade siguen sin mover un so dedo para elo.
Contra a corrupción transparencia, eso pon no punto 10 do programa de Cambados Pode, despois de 28 anos crees que van a ensinar o que fan?
E o resto xa sabes, deixo as imaxes para que reflexiones, aínda estás a tempo.
Escapaches dun control da Garda Civil non queiras escapar e deixar tirados a esas 455 persoas que te votaron unha delas ti mesmo, supoñemos. Non querrás enganarte a ti mesmo.Lembra o que ías pregonando polas portas dos teus veciñ@s ....."Imos botar fora o PP"





No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.