Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2015

CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA: CAMBADOS PODE









CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA: CAMBADOS PODE


Rematou a campaña eleitoral na nosa vila e a política queda nun segundo termo para entrar na “etapa comercial” cando a maior Empresa da nosa vila, o Concello, pende dun fío.  E ese fío leva por nome Cambados Pode, o mesmo que se pasou toda a campaña decindo estamos aquí para botar ao PP do Concello. Pos mira ti por donde no pequeno almorzo cae nas miñas mans o Faro de Vigo  na súa Edición de Arousa:

O esperado cando unha das Xoias da Coroa do Partido Popular de Galicia, Cambados, está a piques de caer polo precipicio por mor da mala xestión dun Alcalde Popular que dilapidou a cota de poder máis alta nunca vista nunhas eleicións locais ( 11 concelleiros e máis de 5000 votos ).  Unha análise dos feitos sería xa inútil porque o pasado non serve para nada: se foi malo choras e se foi bó sufres,  porque sabes que ese mesmo nunca vai volver.
O presente dí que a familia Abal ten nas súas mans derrubar o Muro de Berlín de Cambados (28 anos de maiorías absolutas). Coma se fora unha partida de póker aquí cada un move as súas cartas e coma Milan Kundera na Insoportable Levedad del Ser a ética presuntamente pode  ir a rolos coma os trompos polo camiño. Os que falaban de que chegaban a política local para millorar Cambados (empeoralo é imposible por moito que te esforces agás te chames Luis Aragunde) teñen a derradeira carta: ou seguimos o canto das sereas ou coma Ulises na Odisea ou nos mantemos firmes cun programa de goberno que levamos onde se reflicten grande parte dos postulados que a esquerda e os veciños con máis da metade dos sufraxios reclama.
Menuda tensión porén  a naide se lle escapa que aquí ata o día 13 de Xuño todo esta no ar.  E alí surxen varios escenarios unha vez as asambleas e executivas do resto de forzas (militantes e simpatizantes) xa dixeron esta boca é miña e seguen, coma non podía ser doutro xeito,  coa teima de rematar co poder absoluto da dereita.
É obrigado que Abal reunirá aos seus e porá enriba da mesa todas esas cousiñas que o PP  leva con él … Pos que saiban que segundo actuén quedarán sinalados de por vida / estigmatizados ou non. Poden quedar coma á altura do betún ou saír desto con dignidade e manter a  promesa que fixeron aos  veciños e veciñas de Cambados.
Fagan xogo, non va máis ….




Óscar Manuel Núñez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.