Pouco menos da a entender José Ramón Abal cando se di que eles, CAMBADOS PODE, non van ser quenes asuman a culpa de que Luís Aragunde siga como alcalde de Cambados.Non da asumido esta candidatura, que con un so concelleiro, non pode esixir ser alcalde. Cousas raras téñense visto en política pero neste caso non é asumible que sen experiencia e cun so concelleiro acaden a alcaldía, ou polo menos así o creemos.
Porque ven agora coa historia de que si non son eles os que ostenten a alcaldía sexa a outra forza non tradicional? Acaso na anterior reunión non quedou claro que non ían votar por outro candidato distinto a eles?.
O primeiro que teñen que pensar en CAMBADOS PODE é se queren cumprir o seu programa todo ou a maior parte, un punto, o primeiro, ou o resto. E agora saen coa idea de votar a Somos Cambados ou asi se desprende das declaracións que saen en diferentes medios. Si antes non ían facelo porque agora sí?
Este punto que era intocable xa se pode variar?. Falaron algo na reunión na que se romperon as negociacións deste cambio?
Na nosa humilde opinión esta actitude parece que agocha uns intereses máis propios, que da veciñanza.
Cansámonos de escoitalos decir "... que querían "chimpar" ao PP e a sua forma de facer política", desde logo os xiros de esta xente son bastante radicais.
Por agora a pelota sigue no seu tellado..........
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.