Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de mayo de 2015

PROGRAMA DO BNG EN MATERIA DE BENESTAR





                                  BENESTAR SOCIAL PARA TOD@S

O BNG aposta polas políticas de benestar e de carácter social, públicas e de calidade, porque son un piar fundamental do noso proxecto para construír país dende o concello, especialmente nun momento coma o actual. Así que dentro das nosas propostas neste ámbito destacan as seguintes:

-Deseño dun Plano Local de inclusión social onde se identifiquen os principais colectivos vulnerables e se articulen políticas integradoras e transversais.
-Favorecer a contratación de servizos municipais que integren a persoas en proceso de inclusión social.
-Xestión pública do Centro de Día.
-Mellora do servizo de axuda a domicilio.
-Reorganización dos distintos servizos sociais nunha soa área para a xestión e tramitación de axudas e prestación de servizos: infancia, persoas maiores, muller, dependencias, atención a diversidade sensorial e funcional …
-Elaboración dun Programa Municipal de Accesibilidade e Mobilidade, consensuado cos axentes sociais implicados.
-Realización de campañas de educación para a saúde en colaboración con ANPAS, centros educativos, asociacións veciñais …
-Reservar  solo para a construción de vivenda protexida, facilitando de xeito especial o acceso á mocidade.
-Desafectación das vivendas do Colexio Antonio Magariños para uso público (ampliación dependencias escolares, etc.).
-Fomentar actividades que faciliten as relacións interxeracionais: memoria viva, tradición oral, oficios …
-Atención á diversidade funcional e sensorial en todas as actividades para a infancia: parques infantís adaptados, campamentos urbanos, ludotecas, obradoiros …
-Creación dun Cemiterio Municipal, así como promover a ampliación do cemiterio de Vilariño.
Dentro das políticas dirixidas a mellorar o benestar social, o BNG considera que debe facerse especial fincapé nas actuacións a prol da igualdade e da mocidade, por consideralos temáticas de especial fraxilidade na actualidade, polo que propoñemos as seguintes actuacións:


A prol da IGUALDADE
A plena realización do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres é un obxectivo estratéxico do BNG no concello, comprometéndose a levar a cabo as seguintes iniciativas:
-Elaboración dun Plano de Igualdade municipal.
-Realizar campañas de concienciación, prevención e apoio ás vítimas, ao respecto da violencia de xénero, así como campañas de coeducación e ensino non sexista.
-Facilitar a conciliación laboral e familiar con servizos municipais: garderías, camiño escolar, plan madruga, centros de día, campamentos de verán …, e favorecer a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar.
-Impulsar actuacións dirixidas a garantir o acceso e a permanencia das mulleres no mercado de traballo en condicións de igualdade e apoiar e promover o emprendemento feminino.


A MOCIDADE no centro das políticas municipais
A mocidade é un dos colectivos máis afectados pola crise económica, o que se traduce nunha alta taxa de desemprego. O BNG considera á mocidade como o máis importante capital humano do noso país e por iso as propostas neste tema van xa incluídas en todos os apartados deste programa.
Será tarefa prioritaria colaborar dun xeito activo cos Servizos Públicos de Emprego a fin de centralizar a información respecto das ofertas de emprego da comarca e ter activada unha bolsa de emprego, á que calquera moza ou mozo poida acceder, así como facilitar cursos e axuda a mozas/os desempregados a través de programas de busca de emprego ou autoemprego.
É fundamental poñer todos os mecanismos para que a nosa mocidade poida acceder a un traballo digno sen ter que someterse á vontade dos alcaldes de turno, senón polos seus méritos. Precisamos dunha mocidade formada, libre e responsable que participe activamente na creación dun futuro digno para Cambados.
Así mesmo, propoñemos:
-Garantir o libre acceso, en igualdade de oportunidades, a todo tipo de convocatorias e servizos do Concello.
-Favorecer o acceso da mocidade aos postos de traballo é á vivenda.
-Promover o asociacionismo xuvenil e a autoorganización.
-Realizar campañas de formación e información: sexualidade, prevención de drogodependencias …






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.