Mañán celebrarase un mitin do PP en Cambados na, reformada, Sociedad Cultural cos cartos de todos.
Unhas obras que se foron ao 1.400.000 € e na que so poden entrar os socios eso si para eventos especiais temos as portas abertas todos os cambadeses e foráneos.
Andan os teléfonos "a corso" "invitando" a todo aquel simpatizante do Partido Popular e tamén a aqueles que non o son pero vinculados ao partido. Queren que vaian todos para sentirse arroupados e amosar o "músculo" do que fan gala.
Incluso acudirán os que se quedan a durmir nos plenos e algún que xa non foi a case ningún e prefireu quedarse a durmir na casa.
Tamén é casualidade que estes dias algunhas casas reciban cartas da Oficina de Emprego para unha selección de persoal para o concello que se fará o dia 1 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.