![]() |
| Googgle |
Entre outras cousas tamén saleu o tema da desratización da antiga lonxa, a chamada casa do Polo e a vella Ayudantía de Marina. Recordade que o Concello ao parecer procedeu (unha empresa contratada a tal fin) a aplicar plaguicidas nesas edificacións para evitar que ao empezar a derrubar as construccións as ratas escaparan por todo Cambados. Varias foron as persoas que teñen postos na plaza ou clientes que se queixaron de picores nos ollos, mareos e malestar desde o mércores pasado dia da fumigación. Como non sabían da desratización non ataron cabos, so ata que se foron enterando e culpando desas molestias a os productos usados para a fumigación. Posto que coinciden fumigación e malestar na secuencia.

Cabe recordar que todo esto ven pola denuncia de veciños da rúa Curros Enríquez pola proliferación de ratas nesa rúa.
Na reunión, máis que reunión foi un mitin, tratouse o tema da nova plaza pero non se pasou por alto un tema tan importante para a saúde de todos. O alcalde negou a fumigación e atacou que lle preguntaba polo tema.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.