Fátima Abal Candidata á Alcaldía de Cambados pechou o mitin do luns cunha alocución maxistral. Coma tal se pode definir, polo contido e a emoción que destilaron todas e cada unha das súas palabras. Unha leición de coherencia, de honestidade, de valor, dunha muller que chegou para poñer a Cambados no lugar que merece. En catro anos de oposición e dúas coma Portavoz Municipal endexamáis asistira a ese despliegue de talento na oratoria e unha análise da realidade tan certeirae profunda. O branco das súas críticas coma non podía ser doutro xeito o Partido Popular de Cambados que encabezado pola marioneta de Aragunde e o seu patrón Tourís, levan a nosa vila coma no Far West, saltándose tódalas leis da natureza humana, mentindo aos veciños, manipulando a información e empregando o noso Concello coma o seu xoguete.
“Sisí” Aragunde ten a Cambados segundo Fátima Abal coma unha das poboacións máis pobres do Salnés e ten no clientelismo e no amiguismo os seus aliados para seguir saqueando aos veciños a base de impostos que non teñen correlato coa realidade. Se metes algo nunha caixa por un lado e o sacas polo outro lado dentro non queda nada: aire. Aire vende cunha praza prometida fai non sei canto tempo na que o único que fixeron foi tirar unhas pedras, un Centro de Día no que hai un cartel, 1 de cada 4 veciños no Paro, adicando 53 euros por veciño para axudas sociais cando a media está en 110 euros. Unhas parroquias abandonadas no prioritario, unha débeda cos Bancos abrumadora e coma colofón un nulo respeto polas leis.
Que se pode dicir, dixo Fátima, dun alcalde investigado pola Xustiza polas obras da Rúa Atlántico, as que di agora que non foron pagadas con cartos públicos cando hai fotos en Prensa onde Louzán, Tourís, e Aragunde pasean por alí para saír nos medios. Que se pode dicir dun Alcalde capaz de convertir unha institución pública nunha Empresa Privada de colocar amigos e achegados ao PP, chegado o intre de ter que comparecer no Xulgado o 17 de Nadal ás 9 da mañá por prevaricar co emprego público por unha RPT aprobada de xeito discrecional, saltándose varios preceptos da lei. Corrupción: a palabra que non queren escoitar, como tampouco queren escoitar á voz do pobo que olla coma perante anos os seus fillos pasan frío por mor de Colexios con humidades, con goteiras, co deporte base abandonado, cos servizos sociais que non son quen de paliar a necesidade dos veciños (esa mesma que Aragunde non sabe o que significa). Chegou aí segundo Fátima para servirse dos veciños, non servilos, e as resultas son unha economía particular que fai que naden na abundancia namentras van repartindo os restos entre aqueles que non se decatan que se aproveitan deles. Un discurso no que puxo énfase en que Luis sabía a herencia que recibía unha vez Tourís lle cedeu o bastón de alcalde, non o de mando que vai facer que presuntamente seña inhabilitado en breve para calquera cargo público.
Pero o que lle doe de verdade a Fátima e ollar coma a libertade das personas é empregada de xeito ruín para descalificar aos demáis, para amenazalos, convertindo Cambados no seu rancho particular cheo de alambradas. Kirk Douglas en “La Pradera sen Lei” as cortaba e agora é unha muller a que vai ser quen de abrilo campo e derrubar un sistema do que os veciños e veciñas están fartos. Hai esperanza e albíscase un cambio porque as leis da natureza din que non é bó ter sempre un mesmo goberno, eso só pasa nos rexímenes totalitarios. Todo na vida é un círculo, sempre se volta a un comezo e ese pasa por votar a Fátima Abal o 24 de Maio e recuperar todo aquelo que nos roubaron que non é outra cousa que o tempo que estiveron onde están cando coa ética na man non teñen lexitimación algunha. O domingo pode ser un día Histórico e a man de Fátima sempre estará ao noso carón porén é honesta, limpa e unha boa persona, o que fai dela a candidata idónea para a que humildemente os pido o voso voto.
Óscar Manuel Núñez.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.