TELÉFONOS DE INTERESE

7 de mayo de 2015

ANDAINA SOLIDARIA DE GaliciAME EN OURENSE





A delegación galega da fundación dos enfermos de AME, GaliciAME (A.M.E. Galicia, en facebook) organizou a súa primeira iniciativa. Trátase dunha «andaina solidaria» ás termas de Chavasqueira, en Ourense, que se realizará o 31 de maio. Sairán dous autobuses de Cambados ás 10.00 horas e tras unha mañá de visitas pola cidade das Burgas, os participantes farán unha ruta andando ata o complexo termal. 

Unha vez en Ourense sairán da praza maior ás 12:00 horas para facer a visita guiada polos lugares máis representativos da cidade.
A comida será sobre as 15:00 horas no restaurante Oira Praia.
O menú será:
Embutidos, ensalada rusa e empanada.
Churrasco mixto con patacas e ensalada.
Pan, bebida, sobremesa e café.
Sobre as 16:30 horas sairase para realizar a andaina, logo se o tempo o permite disfrutarase das augas termais.
O prezo por persoa é de 10 euros e inclúe visita e comida. As achegas a GaliciAME son solidarias.
Para inscribirse na zona do Salnés o número é 666251677, Merchi. E en Ourense 674153064, Marina.
A asociación GaliciAME é unha asociación galega sen ánimo de lucro que quere axudar a divulgar o AME.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.