Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2015

SOMOS CAMBADOS PROSEGUE AS XUNTANZAS, ONTE CO COMERCIO E HOSTELERÍA






O candidato á alcaldía de Somos Cambados, Tino Cordal, e outros membros desta candidatura reuníronse na tarde do mércores coa directiva da asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Centro para escoitar as súas demandas e
trasladarlle as súas propostas en todo o relativo ao comercio e a hostalería.
Somos Cambados considera este sector un dos puntais da economía cambadesa, e entende que ten unha grande potencialidade na tan necesaria creación de emprego. Por iso, unha boa parte do noso programa de goberno está centrada en propostas de apoio ao desenvolvemento deste sector económico.
Na xuntanza abordáronse os problemas que, desde a perspectiva dos comerciantes e hostaleiros, trae consigo a inexistencia dunha normativa urbanística actualizada no municipio cambadés; indicándose, neste sentido, as dificultades de crecemento do concello por non contar cunha ferramenta desta importancia.
Por outra banda, criticáronse as excesivas taxas que teñen que aboar comerciantes e hostaleiros, entre elas, a mala tarificación das taxas de lixo para os comercios e locais de hostalería, pois existen numerosas queixas neste senso dos locais máis pequenos, que pagan un canon abusivo dada a dimensións dos seus negocios. Ademais, sinalouse a necesidade de limpar e desatascar os contedores, sobre todo, naquelas zonas nas cales os mesmos están soterrados.
5iJCYTrtOutra cuestión tratada na reunión foi a da mellorable ubicación dos autobuses turísticos, para os cales habería que habilitar máis zonas de aparcamento, e non só no barrio de Fefiñáns. Así, comentouse a necesidade de promocionar máis de cara ao turismo o barrio mariñeiro de San Tomé. Xunto coa necesidade de desestacionalizar a demanda turística en Cambados e aumentar o número de instalacións hoteleiras que consideran moi escaso para o potencial da nosa vila.
Tratouse tamén a deficiente rede de transporte público intracomarcal. Neste asunto, considerouse prioritaria a mellora das comunicacións do transporte público de Cambados con Vilagarcía, durante todo o ano, coordinando os horarios do autobús cos do tren, e con Sanxenxo e O Grove, fundamentalmente, na época estival.
pouca presenza da policía local camiñando polas rúas cambadesas foi outro aspecto mencionado polos representantes do comercio e da hostalería, pois entenden que, dados os casos de roubos en distintos negocios que se teñen producido recentemente, é necesaria unha maior a visualización dos axentes da policía local cambadesa tanto no centro coma nas parroquias.
Somos Cambados quere agradecerlles aos membros da directiva da asociación Zona Centro que nos recibiron nas súas oficinas o bo trato dispensado e a súa boa receptibilidade ante as propostas que lles expuxemos, principalmente, ante a reivindicación, por historia e por xustiza, do traslado da Sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas desde Pontevedra a Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.