Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2015

PREMIOS MÁGNUM DO VIÑO GALEGO





Xurxo Alba de "Albamar"
En Santiago entregáronse onte os Premios Mágnum do Viño Galego. 

Outórgaos desde hai cinco anos o Instituto Galego do Viño. 
As seis categorías do certame recoñecen o traballo dos mellores profesionais dos nosos caldos. Gañar un Mágnum supón proxección para os profesionais e presenza nas cartas para os viños gañadores. 

Seis botellas Mágnum, as de litro e medio de viño, para seis premios. A Cidade da Cultara foi o lugar elixido para celebrar a gala da V edición deste certame que destaca non só os caldos senón tamén os profesionais das adegas e dos restaurantes. 

O mellor viño galego é, segundo un xurado pragado das "súas excelencias" dos viño galegos e españois, As Caborcas, de Telmo Rodríguez. O Mellor viño revelación O Esteiro, un viño tinto do que só se produciron 800 botellas e que se fixo nas bodegas Albamar, no lugar do Adro, en Cambados

A mellor adega é segundo os premios Mágnum "Algueira" e a mellor sommmelier, é Esther Daporta, copropietaria xunto co seu irmán do restaurante Yayo Daporta de Cambados.
Esther Daporta

Mariano Fisac, ‪recibeu o ‎PremioMágnum‬ á Mellor Labor de Difusión do Viño e o PremioMágnum‬ honorífico ‪#Viñolvidable‬ para Miguelanxo Besada



Foi unha festa do viño, dos viños comprometidos e vinculados á nosa cultura.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.