Tras unha primeira reunión na que se trataron temas como as infraestructuras, o urbanismo, medio ambiente e das necesidades das parroquias o B.N.G. prosegue a preparar o seu programa para as próximas eleccións municipais ente todos e todas. Nunha segunda reunión trataron sobre Participación Social e Transparencia Cultura, Patrimonio e Lingua ademáis de Deporte e lecer.E agora empezan o camiño polas parroquias para que sexan os propios veciños os que participen na elaboración do seu programa electoral.
Mañán martes 14 de abril Víctor Caamaño e parte do seu equipo estarán en Oubiña no Centro Cultural Manuel Mariño ás 8:30 da tarde para escoitar aos veciños.E o mércores 15 en Castrelo na Casa de Cultura desa parroquia tamén as 8:30 da tarde.
O BNG agarda polas propostas dos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.