Estes dias atrás publicouse en medios "serios" tanto en papel, como bitacóras na rede que o uns operarios do Concello están a proceder á reparación das beirarrúas ao longo da estrada que cruza a parroquia de Vilariño nun traxecto aproximado de 1 quilómetro. E incluso saen fotos publicadas de eses operarios. Pero para a nosa sorpresa, un veciño coméntanos que de operarios municipais, nada. Este veciño dinos que non se trata de operarios municipais senón dunha empresa a que está a facer a obra. Non estamos en contra da obra nin da empresa, cambadesa por certo. Pero esto xa é unha tomadura de pelo. Non é a primeira vez que desde o concello se nos di a os cambadeses a mesma mentira. "Operarios municipais fan ..... " cando en realidade son empresas as contratadas para estes traballos. Sendo empresas cambadesas alegrámonos de que sexan contratadas, porque repercute na economía de Cambados. pero non se pode enganar aos veciños e como decimos xa van de varias veces que se nos intenta colar algo que non é certo.![]() |
| La Voz de Galicia |
Si picades nos seguintes enlaces veredes que levamos toda a razón en
que non é a primeira vez que esto pasa.
O CONCELLO VOLVE A ENGANAR AOS VECIÑOS DE CAMBADOS
QUEN MINTE O CONCELLO OU "LA VOZ"?
ACTUALIZACIÓN
Hai uns intres puidemos comprobar que non minte a prensa, a mentira sae do propio concello a través da sua conta de twitter e a proba a imaxe de abaixo.
Un colaborador mandounos esta captura do twitt.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.