Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de enero de 2015

UN IMPUTADO POLO ASUNTO DO "TRAGOVE" SIGUE A TRABALLAR PARA AS INSTITUCIÓNS





Estes dias anduvo polas Rias Baixas unha delegación francesa do porto francés de La Rochelle que é unha referencia no ámbito da náutica recreativa en todo o arco atlántico. E agora xunto con Portos de Galicia traballarán en futuras accións conxuntas para o impulso da navegación de recreo e o intercambio de pasaxeiros. Así se recolle no protocolo que asinaron en Pontevedra o presidente do ente público galego, José Juan Durán, e o seu homólogo no Port des Minimes-La Rochelle,  Christian Marbach.

Na visita que realizaron a Cambados díronse unha volta pola ría nunha embarcación de recreo, a mesma que se utilizou para "La Vuelta a España" da famosa batea e que é do mesmo que fixo esa batea. 
Agora a pregunta é, tendo a Confraría un barco propio, tamén construído pola mesma empresa, non sería mellor utilizar o "Tragove" e sacarlle rendemento a esa inversión?.
Hai que lembrar que a empresa pertence a unha persona imputada por malversacion de caudales publicos e en espera de xuizio.
Ou, fixo gratis esa viaxe a empresa en cuestión?

Por certo, é o porto deportivo de Cambados de verdade un porto deportivo?

Agora tócalle a oposición facer as preguntas correspondentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.