Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de enero de 2015

O XUVEN BUSCA UNHA NOVA VICTORIA NO DEBUT DE ALMEIDA





Cambio de adestrador en Vitoria. O 2-13 pesou demasiado na directiva alavesa, que decidiu dar outro aire e prescindir esta semana de Iurgi CaminosTxus Brizuela debutará no banco no Pombal. Malia as novas fichaxes, os vascos seguen sen consolidar nin o seu xogo nin a súa reacción. A falta de continuidade, Araberri terá que dar un paso extra para non se ver abocado ao descenso nesta segunda volta. O Pombal non é precisamente unha boa praza para iniciar a remontada, visto o rendemento notable dos galegos este ano. Pero Araberri ten a Yates, máximo reboteador e último MVP. E xogadores de talento. Veremos se os de Yago Casal volven á senda do triunfo co seu público. O que si está claro é que os números de Nkaloulou empezan a ser de nota. 18 rebotes no último encontro. 

A seguir: David Ortega estará dispoñible tras ser baixa no último choque. Tamén debutará a nova fichaxe de Cambados, o escolta-aleiro Joel Almeida, que substitúe o lesionado Emilio Oubiña.
O dato: Dúas derrotas seguidas acumula Cambados, que tivo un mes de decembro excelso.
A ida: +3 para Cambados (70-73)
Data e hora: sábado, 18:00 horas (Canal Xuven)


Imaxes do partido da primeira volta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.