O XUVEN BUSCA UNHA NOVA VICTORIA NO DEBUT DE ALMEIDA
Cambio de adestrador en Vitoria. O 2-13 pesou demasiado na directiva alavesa, que decidiu dar outro aire e prescindir esta semana de Iurgi Caminos. Txus Brizuela debutará no banco no Pombal. Malia as novas fichaxes, os vascos seguen sen consolidar nin o seu xogo nin a súa reacción. A falta de continuidade, Araberri terá que dar un paso extra para non se ver abocado ao descenso nesta segunda volta. O Pombal non é precisamente unha boa praza para iniciar a remontada, visto o rendemento notable dos galegos este ano. Pero Araberri ten a Yates, máximo reboteador e último MVP. E xogadores de talento. Veremos se os de Yago Casal volven á senda do triunfo co seu público. O que si está claro é que os números de Nkaloulou empezan a ser de nota. 18 rebotes no último encontro.
A seguir: David Ortega estará dispoñible tras ser baixa no último choque. Tamén debutará a nova fichaxe de Cambados, o escolta-aleiro Joel Almeida, que substitúe o lesionado Emilio Oubiña. O dato: Dúas derrotas seguidas acumula Cambados, que tivo un mes de decembro excelso. A ida: +3 para Cambados (70-73) Data e hora: sábado, 18:00 horas (Canal Xuven) Imaxes do partido da primeira volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.