Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de diciembre de 2014

OS "BROTES VERDES" NON SON ÁRBORES DE NADAL





Belén do "Hotel OS PAZOS"
E van catro. A este paso e antes de rematar as festas do Nadal os brotes verdes dos que con tanto "amor" fala Rajoy chegarán a Cambados antes que a ningún outro lado en forma de árbores de nadal.

Un grupo de veciños das rúas San Francisco, Os Pazos, Eduardo Pondal e outras cercanas están a estudar a posible petición ao concello para que teña a ben poñer unha árbore preto da igrexa parroquial, exactamente no xardín pegado a igrexa, para que forme conxunto cun dos beléns máis grandes e variointos de Cambados. Falamos do belen que sempre por estas datas e dende fai moitos anos montan no Hotel Os Pazos.

Parece que ao concello lle saen árbores coma cogumelos no outono.
Despois das queixas dos comerciantes e veciños, das que CORES DE CAMBADOS,  fíxose eco hai uns dias o concello decideu facer unha "reforestación" por Cambados adiante ademáis de "plantar" máis arcos de luces en zonas onde non había os suficientes.

Outra queixa de veciños de Fefiñáns é que cecáis a árbore colocada na praza máis emblemática de Cambados debería de estar noutro lugar para que a xente que ven desde Corbillón xa a vira ao lonxe. Pero eso son cousas que cecáis non se poden facer por loxística.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.