Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de octubre de 2014

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PREGUNTARÁN NO PLENO SOBRE 9 CUESTIÓNS IMPORTANTES




Os socialistas de Cambados volver dar traballo ao alcalde e demáis membros do goberno local. Nesta ocasión presentan cerca do medio cento de preguntas. Estas preguntas deberían ser respostadas, pero moito non tememos que siga, o goberno municipal de Cambados coa sua labor de entorpecer a labor da oposición e de ocultar a realidade aos cambadeses/as que ao fin e ao cabo son para quenes traballan. Algunhas delas xa foron feitas en anteriores Plenos e non obtiveron resposta ou  non foron contestadas de forma clara.

As preguntas están divididas en nove apartados e que son:
1- Sobre ás axudas establecidas vía emerxencia social para os estudiantes universitarios.

2- Preguntan tamén polas obras do CEP Antonio Magariños Pastoriza.

3- As queixas das floristas polo mercado de flores que se instala con motivo do Día de Difuntos, e si é ilegal. 

4- Outra dos apartados é cal é o motivo polo cal 308 familias que cumplían todos os requisitos quedaron fora das axudas a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria.

5- O PSOE de Cambados, a instancia dos veciños da Pastora, presentou a mesma instancia e queixa no Valedor do Pobo. Solicitude e queixa pola que todavía están a agardar resposta. Porque unha vez mais, o equipo de goberno só sabe xestionar impedindo de maneira vergonzosa a labor da oposición. É mais, o alcalde só se pronunciou na prensa para dicir que non aos veciños e veciñas, pero sí o PSOE de Cambados que estaban a pedir algo fora da lei. Acaso tanto esforzo costaba contestar persoalmente os veciños e veciñas outorgándolles o respeto que se merecen? Cando se vai retractar das acusacións feitas a este partido ó dicir que estabamos a pedir algo fora da lei, cando o único que fixeron foi presentar o mesmo escrito que presentaran os veciños e veciñas de A Pastora?

6- Tamén preguntan polo paso de peóns da Rúa Sevilla ata o Paseo Marítimo, e no que xa houbo polo menos tres atropelos no último ano, de persoas que cruzaban precisamente enriba do paso de peóns, que medidas se adoptarán?.

7- Facéndose eco das numerosas queixas feitas polos veciños e veciñas de Cambados, e podendo comprobalo por todos, queren saber a qué se debe que as rúas do Concello se atopen tan sucias, cheas de excrementos de animais, papeis e desperdicios.

8- A que agarda o Concello para pedir do Serenísimo Capítulo do Albariño se retire o título de Cabaleiro ou Dama do Capítulo do Serenísimo da Festa do Albariño a todos aqueles condenados por corrupción, empezando por Jaume Matas i Palou. Pasada a festa do albariño 2014, e non accedendo ó solicitado, nin dar resposta o preguntado, a qué se está agardando para formular unha resposta?.

9- Sobre as beirarrúas das rúas Atlántico e Juan Pablo II, por qué se están a investir fondos públicos do Concello de Cambados e da Deputación Provincial de Pontevedra nunhas obras de que deberían ser financiadas polos promotores das obras?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.