A actividade, que volve desenvolverse en novembro con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo, o próximo 9 de novembro, ten por obxectivo ofrecer a oportunidade ao público xeral de degustar e coñecer mellor os viños da D.O Rías Baixas. A iniciativa, que chega á súa terceira edición.
A xornada permitirá a un total de 120 persoas introducirse no mundo da cata da man do sumiller Luís Padin, que conducirá a xornada explicando como se cata un viño, cales son os aspectos que se valoran, en que nos debemos fixar cando probamos un viño a través da vista, o olfacto e o gusto, etc. Os participantes dispoñerán de todo o necesario para facer unha valoración dos viños, probaranos primeiro a botella vista e logo taparanse os viños catadores para proceder a realizar o concurso, que será unha "cata cega", animando os participantes a acertar cales son os viños que cataron e demostrando así a súa memoria sensitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.