Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2014

XUVEN CAMBADOS SEGUNDA AVENTURA NA LEB PRATA





Cambados e O Pombal volverán experimentar sensacións de Prata. Tras cecáis pagar o pato da inexperiencia no debut, o grupo de Yago Casal (quinta tempada no club) afrontará a súa segunda aventura en Prata cos deberes máis feitos e con xogadores importantes da campaña pasada levando o timón dentro e fóra do vestiario. Cambados incorporou a medio plantilla nova e ademáis estranxeira, o que levará o seu proceso de adaptación. Con sabor internacional, Xuventude Cambados mantén a metade do plantel da campaña anterior, pero o dobre de ilusión por facer un bo papel e cecáis esta vez si, alcanzar os playoffs.

O HISTÓRICO CHUFI, UN ANO MÁIS

O buque insignia da categoría, Alberto "Chufi" Rodríguez -xogador con máis partidos da historia na Adecco Prata-, volverá bailar na pintura con 39 anos e tras unha tremenda tempada o ano anterior, con varios MVP. Será un dos catro xogadores de orixe española integrados nunha plantilla, con pouco sabor hispano. Baixo os aros terá o apoio neste caso de dous xogadores da canteira de Breogán e Estudantes de Lugo: Nkaloulou e Nakidjim, do Congo e Chad, aínda que ambos levan anos en España. O segundo estivo nas categorías inferiores do Real Madrid e posteriormente do Estudiantes de Madrid. No caso do cubano Taylor, cumprirá a súa sexta tempada no club, polo que o seu papel de foráneo é moi relativo. 

AS PROBAS, POSITIVAS

Tres amistosos xogou xa o equipo de Yago Casal en pretemporada, cunha vitoria e dúas derrotas. Estas últimas foron ante os rivais veciños da Adecco Ouro e competindo de forma máis que notable. De feito, Cambados caeu na Copa Galicia ante Ourense na prórroga, e ante Básquet Coruña tamén realizou un gran papel. Este fin de semana tocará o Barcelos de Portugal e posiblemente antes de que empece a competición o 4 de outubro, o conxunto cambadés realizará algunha proba máis, que aínda non ten confirmada.  



PRETEMPORADA:
Arrancou o día 25 de agosto. 
De momento, 4 amistosos previstos. Aparte un encontro co Obradoiro a porta pechada
Cambados 50 – Dragon Force Oporto 48
Cambados 68 – COB 79 (Copa Galicia)
Básquet Coruña 71 – Cambados 66 
Barcelos Portugal – Cambados hoxe.

ALTAS:
Quintela, Ramljak, Bolin, Nkaloulou, Green y Nakidjim
BAIXAS:
Merino, A. García, Mamadou Diop, Mato, Caetano, Rey, Mbagne Diop  


NOMBREALTIDADEPOSTONACPROCE
Juan Martín Orellano1,9925baseARX/ESPCambados
Lucas Vaquero1,8525baseESPCambados
Taylor Douglas1,8227base-escoltaCUBCambados
Emilio Oubiña1,8224escoltaESPCambados
Alberto Rodríguez2,0439pívotESPCambados
Erik Quintela1,8523baseESPMaia Basket

Tim Whitworth

1,9123aleroUSA/SUESuecia
Askel Bolin2,0024aleroNORN. Illinois
Charles Nkaloulou2,0220ala-pívotCONBreogán
Placide Nakidjim2,0620pívotCHAEstudiantes
Will Green2,0023ala-pívotUSA
Stetson U.
Adestrador: Yago Casal
5ªtempada





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.