Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2014

O PRESIDENTE DAS CONFRARÍAS DE PONTEVEDRA NON MOVE FICHA.





O recén elixido presidente da Federación Provincial de Confrarías da Coruña, o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, anunciou que dende a entidade velarase pola defensa dos intereses da flota do xeito afectada polo plan de xestión de capturas para a sardiña imposto dende Madrid. Daniel Formoso aposta, como tamén o fai o xeito, porque se estableza unha diferenciación deste tipo de flota artesanal coa do cerco, e se lles permita seguir traballando.
Onde está o da federación pontevedresa?
Cumpriranse os augurios dos máis pesimistas que desconfiaban do labor de  José Antonio Gómez. Agardemos que pronto se una ao seu homólogo da Coruña para loitar e defender ao sector, pois de non ser así demostraría que as críticas recibidas non era fruto do rencor senon da realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.