TELÉFONOS DE INTERESE

19 de septiembre de 2014

O BLOG "DOS VUELTAS DE TUERCA" TROCA DE TEMÁTICA




En decembro do ano 2011 nacía un proxecto denominado "Dos Vueltas de Tuerca" co cal pretendíase manter informados aos habitantes de Cambados sobre noticias, eventos culturais, artigos de opinión, deportes e un longo etcétera. 

Pero, como todo na vida, todo evoluciona, todo corre cara adiante, aínda que pareza mentira. En Cambados naceron outros blogs que, sen ningunha dúbida, cumpren informando aos veciños cambadeses. Quizais non todos a gusto de todos, pero así é a vida. Diversidad de blogs de noticias podémosnos/podémonos atopar en Cambados: A Ti Meu Cambados, Alza la Voz, Cores de Cambados, e ata algún que se espera que regrese á blog-esfera cambadesa e o cal foi o pai de todos os blogs en Cambados, Cambados(tk).

Chegado a este punto o que parece  un adeus, é adeus con bienvenida. Tras darlle voltas e voltas, os responsables deste blog, decidiron mudar a temática do blog. Como a xente que forma Dos Vueltas de Tuerca comparte unha aficción, cren que o mellor xeito que transmitila e compartila con todos os seus lectores.


Nesta nova andadura, versarán o contido do blog sobre temas misteriosos, conspiracións, artigos de historia, e moito máis. Sabedores de que o tema non os fará líderes en visitas, pero este non é o obxectivo da bitácora.

Os  obxectivos son facer chegar á xente historias incribles,sexan reais ou non, lendas, mitos e todo o relacionado co misterio.
Despídense con un "moitas grazas a todos ternos seguido, e agardamos que continuedes visitando está bitácora".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.