TELÉFONOS DE INTERESE

19 de septiembre de 2014

CONTINUAN PECHANDO POLÍGONOS BATEEIROS





A marea vermella lonxe de remitir vai a máis. Agora afecta todos os polígonos mexilloeiros da ría de Vigo, Pontevedra e Muros. A marea vermella recrúa. Tan só permanecen abertos dous polígonos na ría de Arousa e outros na de Ares e Betanzos. Ningún na de Muros e Noia. Os bateeiros buscan unha explicación mentres o mercado corre risco de desabastecemento.
Esta mesma mañá pecharon outros tres polígonos de bateas no esteiro aurosán por culpa da toxina.

Dos máis de cincuenta polígonos que hai en Galicia só están abertos cinco.

"Fálase de cambio climático, as condicións anormais deste verán que foi especialmente malo. Pode haber moitos factores que afecten este fenómeno, que sendo un fenómeno natural pode estar influenciado polo home polo cambio de correntes ou contaminación", explica Ángeles Longa, do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. 

Sexa como for, a permanencia da toxina preocupa e moito o sector. "Non hai produto. Hai bateas que levan pechadas máis de cinco meses e hai bateas que estiveron abertas en febreiro un par de semanas. A actividade está paralizada tanto na produción coma no resto dos elos da cadea". Desde mediados de agosto xa hai problemas para abastecer o mercado.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.