TELÉFONOS DE INTERESE

19 de septiembre de 2014

MAÑÁN SAIRÁN ELIXIDOS OS PRESIDENTES DAS FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS PROVINCIAIS





Os 63 patróns maiores e outros tantos vicepatróns maiores das confrarías de pescadores de Galicia están chamados a elixir mañá sábado, 20 de setembro, os órganos de goberno das 3 federacións provinciais de confrarías de pescadores da nosa Comunidade.
Cada unha das 3 federacións provinciais celebrará mañá o primeiro pleno da súa xunta xeral e neste acto serán elixidos o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos.
Os diferentes candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas candidaturas ao pleno da xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas a totalidade das candidaturas, iniciarase o proceso de votación, que será único, persoal, directo e segredo.
O candidato con maior número de votos será proclamado presidente da federación provincial. Nunha nova votación elixiranse os vicepresidentes 1º e 2º e nunha terceira votación escolleranse os representantes no comité executivo da federación provincial. Por último, elixiranse os tres vogais que representarán a cada federación provincial no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, sempre respectando a paridade entre os colectivos de traballadores e empresarios.
Membros da directiva saínte
A continuación, e segundo o calendario do proceso electoral nas federacións provincias e na Federación Galega –publicado o pasado 29 de agosto no Diario Oficial de Galicia– iniciarase o preceptivo proceso de proclamación dos órganos reitores das federacións e a súa toma de posesión. O vindeiro día 11 de outubro está prevista a celebración do pleno da Federación Galega de Confrarías no que se procederá á elección dos seus órganos de goberno, que tomarán posesión dos seus cargos o vindeiro 23 de outubro, unha vez completados os correspondentes prazos de presentación e resolución de recursos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.