TELÉFONOS DE INTERESE

19 de septiembre de 2014

MITIN IMPROVISADO DE ARAGUNDE CARGADO DE DEMAGOXIA




Anduvo Louzán por Cambados para dar o "visto e prace" ao  acondicionamento e humanización realizadas pola institución provincial na rúa Atlántico, en Cambados, nas que se interveu nunha superficie de 5.000 m2 e se investiron preto de 100.000 euros.
A rúa Atlántico une a avenida da Coruña co complexo deportivo do Pombal. Trátase dunha zona de "expansión urbanística" de Cambados moi próxima á praza de Fefiñáns. Tras o paseo Louzán e o noso benquerido alcalde Luís Aragunde diron unha pequena conferencia de prensa que máis parecía un mítin que outra cousa. O alcalde sabedor de que se atopa nos momentos máis baixos de popularidade fixo usa da mentira e a demagoxia normal do que sabe que se atopa contra aparede. Empezou a falar do mal que o pasaban os mexilloeiros pola toxina pero non dixo que a Conselleira do Mar non actuou con firmeza cando hai unhas semáns os franceses dixeron que unha partida de mexillón en mal estado proviña de Galicia. Sin probas suficientes os franceses desprestixian os nosos productos e na Xunta calan.
Tamén falou do tempo e da vendima e o que parecía unha colleita regular vóltase mala pola climatoloxía. Pero non dí nada de que a Xunta se deshinibe un ano sí e outro tamén para que se convoque a mesa do viño i que a poucos días de que empece aínda non o fixo. Eso sí asfaltarlle camiños as adegas eso si faise.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.