Nun pleno urxente, a corporación de Cambados aprobou esta mañá, por vía de urxencia, as bases do concurso que rexerán a adjudicación do servizo da piscina municipal a unha empresa privada. O contrato sácase por un prazo de dez anos e reparte entre o Concello e a adjudicataria os gastos de combustible e enerxía das instalacións, nunha porcentaxe do 60 e 40 %, respectivamente. Ata a data estaba asumindo a totalidade deste custo o Concello. Só en combustible supón un desembolso de 100.000 euros anuais.O goberno local (PP) votou a favor do pliego do contrato unha vez que o Consello Consultivo de Galicia informou favorablemente á rescisión do contrato coa anterior concesionaria. Nin PSOE nin o BNG votaron a favor da moció e abstivéronse porque non están conformes con que o Concello deixe en mans privadas a piscina e defenden a xestión pública dos servizos municipais. «Pero iso non vai non ADN do PP», indicou o portavoz nacionalista, Víctor Caamaño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.