Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de agosto de 2014

O "GRAN HERMANO" DO MAR XA ESTÁ A FUNCIONAR





O " GRAN HERMANO"  da costa galega empeza a funcionar.
Si é efectivo, estenderase ao longo de toda a costa galega.

A Xunta acaba de pór en marcha un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da
pesca e do marisqueo furtivos, baixo o nome de Proxecto Videoguard. O período de probas deu comezo a finais de xullo nun municipio costeiro descoñecido e perdurará ata finais de ano. Permite detectar embarcacións en zonas de porto e rías, persoas a pé de praia, en rocas ou bateas, tanto de noite coma de día.

Nunha primeira fase probarase o sistema desde longa distancia, a máis de catro quilómetros da costa, empregando unha das torres de telecomunicación de Retegal, e monitorizando a zona do peirao, de marisqueo a flote e as bateas. Na segunda fase, tras o verán, probarase en distancia curta, permitindo vixiar as entradas e saídas do porto, as embarcacións e a zona de bateas máis próxima.

O obxectivo deste sistema piloto é valorar a súa viabilidade para implantalo ao longo de toda a costa galega, aproveitando as infraestruturas de telecomunicacións xestionadas polo operador público Retegal. O proxecto está desenvolvido por un consorcio de empresas tecnolóxicas e ten un investimento de 1,8 millóns de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.