Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2014

VOTACIÓNS EN PODEMOS





Podemos inicia hoxe unha votación entre os seus simpatizantes para escolle-lo equipo que preparará a asemblea fundacional do outono. Os votos emitiranse a través de Internet.
Os votantes poden escoller entre dúas propostas: a presentada polo eurodeputado Pablo Iglesias e unha alternativa. As dúas son candidaturas pechadas de 25 persoas, malia que dende as bases se escoitaron voces a prol das listas abertas.

A votación realízase a través da empresa Agora Voting. Calquera persoa que queira votar deberá facilita-lo seu número de móbil para que se lle remita unha clave de acceso persoal para emiti-lo voto. O prazo abriuse ás nove da mañá e concluirá na noite do venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.