Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
7 de mayo de 2014
O CERCO GALEGO CONTRA O PLAN DA SARDIÑA
Cando aínda está recente o problema das cotas do xurelo e a xarda no cerco os mariñeiros galegos están en desacordo coa nova proposta, esta vez para a sardiña.
Entre outros aspectos consideran que a non inclusión da zona VIIIb, a correspondente a augas vascofrancesas, non poñería remedio á escaseza de capturas desta especie. A reunión da comisión sectorial do cerco do Consello Galego de Pesca celebrada en Santiago tiña como principal finalidade trasladarlle ó sector a proposta do novo plan de xestión para a sardiña proposto polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, na procura de poñer remedio á escaseza de capturas desta especie que se está a dar nos últimos anos. A pesar de que comparten a necesidade de que se tomen medidas neste senso, consideran inapropiado que se deixe fóra, como se pretende á zona VIIIb, no sur de Biscaia.
Dende o sector tamén critican a medida de impoñer topes de captura dependendo do estado da biomasa. Unha medida inadmisible e que levaría segundo eles á ruína a moitos armadores. Ademais consideran máis aceptable que se establezan topes de captura por barco e día. A proposta cos cambios establecidos na reunión serán incluídos na alegación que o Goberno galego levará a Madrid o vindeiro 21 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.