Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2014

CARTA ABERTA DUN LECTOR DESESPERADO



CARTA ABERTA DESESPERADA

Esta carta ou similar xa foi enviada a varios medios en diferentes ocasións sin que fora publicada, polo que o noso amigo lector decideuse a enviala a CORES DE CAMBADOS para ser publicada. A carta di así:

Ola, fai tempo que quería escribir esta carta para denunciar o que ao meu parecer pasa en Cambados. E digo Cambados pois ao vivir aquí é do que teño constancia pero polo que teño escoitado e leído non é exclusivo do noso pobo.

Con máis de corenta anos, casado e con dous fillos levo moito tempo no paro, demasiado e non é por ir na procura del,  ter entregado curriculums en empresas en ETT's ou páxinas de empresas de emprego por internet. Nin eu nin a miña parella temos ingresos fixos, algunha chapuza, as vendimas, e a axuda dos avós de cando en vez, pois eles tampouco nadan na abundancia, e coa inestimable axuda de Amigos de Galicia, que unha vez ao mes nos proporciona algo de comida. A falla de cartos fai que nestes intres non teña vehículo por non facer frente ao seguro, polo que desprazarse a un traballo algo lonxe fais complicado.
Con este panorama está chegando a hora de xa non poder facer frente a hipoteca. Ou pagar hipoteca ou non comer.
No concello importa unha merda a xente que está a pasalas putas, posto que por moito que estés inscrito nos servizos sociais, so contratan a uns poucos o resto somos apestados, deben pensar que so os votantes do PP estano a pasar mal.
E digo esto pois non se explica o seu proceder en calquera das eleccións de persoal que cada pouco fan para traballar no concello ou nas escolas taller ou obradoiros.
É ilóxico que xente sen cargas familiares e que non fai máis dun mes estaban nun obradoiro de emprego volte a traballar para o concello. Ou que unha muller que poida ter problemas económicos coma outros "sustitúa" ao seu home poucos dias despois de terlle rematado o contrato a el. Ou que outra rapaza sen fillos e co home traballando entre cada pouco a traballar no concello.

E así varios casos que os que vivides e sodes de Cambados coñecedes perfectamente.           OPORTUNIDADES PARA TODOS

A desculpa do INEM non me vale. So teñen que comprobar o rexistro de xente apuntada nos servicios sociais e ir dando oportunidades a todos os necesitados que son moitos, máis dos que quere facernos ver o Concello.

Non quero extenderme moito máis pero creo que a grandes rasgos esto é o importante.    Gracias anticipadas pola oportunidade que me dades para explicar o meu caso, que repito, non é único.



1 comentario:

nano besada dijo...

A miña solidariedade e rabexa por que estes casos estean a acontecer sen que ó parecer lle importe a ninguén da administración.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.