Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2014

O P.S.O.E DE CAMBADOS PIDE RECUPERAR O SEGURO DO MAL TEMPO



Os socialistas de Cambados veñen de presentar un escrito no Concello para solicitando axuda para o sector pesqueiro.



Galicia ven de sufrir desde decembro o azoute de diversos temporais que están impedindo que a flota pesquera poida saír a faenar.

Esta situación está a poñer aos armadores e marineros nunha situación económica límite. A falta de ingresos está repercutindo nas lonjas e nas vendedoras de peixe que ven como as capturas son mínimas e o desabastecimiento dos mercados é cada día maior. Algúns sectores xa cifraron estas perdas en máis dun 23% desde o 2011.

Durante o mandado do bipartido na Xunta de Galicia, os socialistas afrontaron este problema que ano a ano acontece nas nosas costas coa implantación dun denominado "Seguro do mal tempo". Este seguro pretendía cubrir as perdas das embarcacións cando tiñan que permanecer en porto pola presenza de temporais.

Coa chegada do Partido Popular o goberno da Xunta deixou de pagar este seguro e acabou sendo eliminado. O mal tempo esta a durar varios meses e o seguro sería un sistema idóneo para paliar parte das perdas da flota galega.

O PSOE de Cambados pide á Xunta de Galicia que negocie cunha compañía de seguros a posta en marcha dunha póliza que de cobertura ante os episodios de amarre por causas do tempo e poñer en marcha unha linea de axudas directas aos armadores para o seu financiamiento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.