O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá este luns o “I Concurso de Entroido Intercentros da Comarca do Salnés”. Organizado polo centro de día de Vilagarcía, contará coa participación dos usuarios e familiares do centro de día de Valga, a residencia Geriatros de Ribadumia, a residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa, o centro de día municipal de Sanxenxo e do propio centro organizador. Os usuarios e familiares do centro de Cambados non se inscribiron a tempo.
| Centro de dia de Cambados |
O concurso de entroido intercentros, que reunirá a unhas cen persoas, dará comezo ás 11,00 horas e extenderase ata as 13,00 horas. De cara á súa participación, cada un dos centros de maiores elixiu previamente unha temática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.