Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de marzo de 2014

A PRAZA DAS RODAS DESDE OUTRO PUNTO DE VISTA




O blog Urban Sketchers Spain adica unha entrada publicada o  xoves a Praza das Rodas de Cambados. 
Da man de Eduardo Baamonde  e con dous dibuxos retrata a praza dun xeito particular, cecáis diferente a como a vemos os que transitamos todos os dia por ela.

Urban Sketchers é un colectivo de artistas en todo o mundo que debuxan as cidades onde viven e os sitios onde viaxan. Visita o  blog principal en Urban Sketchers punto org. Podes contactar con Urban Sketchers Spain escribindo a esta dirección:
usk.spain@gmail.com

Así describe Eduardo Baamonde a praza: "Unha das prazas de Cambados máis acolledoras e concorridas á hora de tomarse boas tapas e viños. Pinteina en varias ocasións e, creo, que volverei máis veces sobre o mesmo tema, pois as variacións de luz ao longo do día e das estacións convértena nun motivo inmellorable para estudar a diversidade dentro da unidade".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.