Unha empresa de Cambados solicita de conformidade co artigo 114 do Real decreto 1471/1989 polo que se aproba o Regulamento xeral de execución da Lei de costas, autorización para o vertido á ría de
Arousa dun caudal máximo de 5.409.300 m3/ano de augas residuais industriais procedentes das súas
instalacións correspondentes a unha depuradora de moluscos asentada no lugar do xxxxx, núm. xx - xxxxxx (t.m. Cambados).
As augas residuais industriais xeradas na empresa, antes do seu vertido á ría de Arousa, son depuradas nunha arqueta cun depósito de sedimentación de sección rectangular de 2 x 2 m e unha profundidade de 1,80 m, o cal dispón dun resalte intermedio de retención de sólidos.
As augas residuais procedentes das piscinas son canalizadas ata o depósito de sedimentación a través dunha condución de 81 m de lonxitude e 500 mm de diámetro. Tras ser depuradas as augas residuais industriáis xeradas na depuradora de moluscos son vertidas á ría de Arousa mediante unha condución de 916 m de lonxitude, 500 mm de diámetro, -2,40 m de cota de saída sobre a BMVE e a 860 m da liña de costa.
As coordenadas uTM do punto de vertido á ría de Arousa son as seguintes: X= 513.107; y= 4.703.836.
As augas residuais fecais son canalizadas a unha fosa séptica estanca e posteriormente xestionadas mediante xestor autorizado.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014.—O xefe da Área de Vertidos, Manuel Morato Miguel.
Publicado no B.O.P. de hoxe 7 de febreiro do 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.