Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2014

CAMBADOS AMPLÍA A PROGRAMACIÓN CULTURAL







Tres concertos musicais de alto nivel e a presentación dun interesante documental veñen a completar a programación cultural outono-inverno que se alonga ata marzo.
A primeira destas citas, que quedaron fóra do programa porque xurdiron con posterioridade á presentación do mesmo, refírese ó concerto que ofrecerá Ernest So, pianista de fama internacional que está pasando unhas curtas vacacións na nosa comarca e que aceptou actuar en Cambados.
Este concerto titúlase The Far Side of the Road (A parte máis lonxana do camiño) e vaise celebrar o martes 11, ás 20 horas, no auditorio da Xuventude, un escenario no cal Ernest So tocará pezas dos músicos Joaquín Turina, David Saperton, Ástor Piazzolla, Billy Joel, Lorenzo Fernández e Sergei Bortkiewicz.
O 22 de febreiro, tamén no auditorio da Xuventude, presentarase o documental Entre Paradas, dirixido por Toño Chouza, producida por Jorge Coira e Maximino Cid Ferro (xefe da Policía Local de Cambados en excedencia) e interpretado, entre outros, pola cambadesa Olga G. Vilas. A cinta reflicte diversas escenas sobre a integración de discapacitados. Esta cinta acadou varios premios no   Festival Internacional de Cine sobre la Discapacidad de Collado Villalba (Madrid).
Ao día seguinte, 23 de febreiro, será a Orquestra de Saxos de Redondela a que actúe en directo, patrocinada pola Deputación provincial de Pontevedra.
Para o 8 de marzo, no que se conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora, queda o concerto da Banda Filarmónica do Salnés que está dando os seus primeiros pasos con gran aceptación do público.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.