Se ben valoran positivamente as axudas, os termos da convocatoria feitos públicos pola Consellería do Mar non son os agardados. O sector bateeiro consideran que a contía, un millón e medio, a distribuír entre as máis de tres mil bateas existentes en Galicia, apenas suporán un respiro. Máis aínda, cando os requisitos impostos pola administración farán que a maior parte dos produtores non poderán optar ás axudas. están dirixidas a aqueles que tiveron que parar durante máis de catro meses continuados ou que sufriron perdas superiores ó 35 por cento. Dende o sector apostan tamén por outras fórmulas para paliar os danos como unha liña de crédito oficial para retomar a actividade porque algúns produtores están tendo auténticas dificultades para saír adiante tralos nefastos resultados de 2014.
Ás perdas económicas súmanse os desprendementos que arruinaron a futura colleita ou mesmo os danos nas bateas e outras infraestruturas necesarias para o traballo diario. Esta situación pon contra as cordas a moitos mexilloeiros que mesmo optaron por poñer á venda tanto as bateas como as embarcacións ante a imposibilidade de seguir facendo rendible a súa actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.