TELÉFONOS DE INTERESE

3 de febrero de 2014

EFECTOS DO TEMPORAL EN CAMBADOS.






En Cambados como no resto de Galicia os efectos do temporal deixáronse sentir sobre todo no paseo marítimo e nas zona máis próxima ao mar. Nas ruas interiores pódense ver restos de tellas, ramas e moita basura ciscada polo chan.
Recordemos que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia avisa de que durante a xornada de hoxe luns, ao igual que en xornadas precedentes, permanecerá activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.


Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun temporal de mar combinada de noroeste por ondas e vento. As previsións apuntan a que se acadarán ondas de entre cinco e oito metros de altura, sobre todo durante a madrugada.
En canto ao vento, soprará do Suroeste rolando a Noroeste con forza 8, acadando forza 9 en momentos puntuais. As rachas máximas de vento acadaranse durante toda a noite na costa da Coruña e de Pontevedra, e xa nas primeiras horas da mañá afectará sobre todo ao litoral da provincia de Lugo.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, e igualmente retirar calquera obxecto susceptible de caer das fiestras e balcóns.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.