A Deputación de Pontevedra adxudicou e licitou, na súa Xunta de Goberno do venres pasado, obras por un importe de 6 millóns de euros.
En total adxudicáronse 12 obras e subministracións nos concellos de Cangas (2), Soutomaior, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas (2), O Porriño, Silleda (3), Caldas de Reis e Lalín, por un importe total próximo ó millón de euros.
Caldas, entre as que figura a adxudicación, a Idelnor Proyectos, Gestión y
Servicios S. L., dos traballos de renovación da iluminación pública en varios
núcleos da parroquia de San Clemente, en Caldas de Reis, por un importe de
32.670 euros.
o correspondente ás obras de mellora do pavillón de Castelao, en Vilagarcía de Arousa.
Estas obras saen a licitación por un importe de 144.089,73 euros e consistirán na reparación da estrutura do edificio; a apertura dunha porta de evacuación a través da galería comercial situada ó seu carón; o pintado interior do edificio; a reparación das filtracións na cuberta e a instalación de novo pavimento deportivo, ademais da limpeza da fachada.
A estes traballos súmase a licitación da segunda fase de mellora dos servizos
urbanos da praza de Abraldes e das rúas Triana e Bimbio, no concello de
Cambados.
As obras contan cun orzamento de 66.910,25 euros e o seu obxectivo é
completar a urbanización e o embelecemento de todo o contorno da praza de
Fefiñáns, no que se sitúan estas rúas e prazas.
As obras incluirán a canalización, de forma separada, das redes de
saneamento de fecais e pluviais, a renovación da rede de abastecemento e a substitución do actual pavimento de formigón (que se atopa moi deteriorado) por outro de lousa de pedra nas beirarrúas e de taco de granito na calzada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.