Os diarios e revistas publicaron o ano pasado en torno a dous mil noticias referidas ás cinco denominaciones de orixe de viños de Galicia, o que supuxo chegar a 381 millóns de lectores. As noticias dos consellos reguladores, as bodegas e os viños da D.O. Rías Baixas chegaron no periodo a 196,3 millóns de lectores de prensa. As informacións da D.O. Ribeira Sacra a 69,2, as da D.O. Ribeiro a 48, as da D.O. Valdeorras a 42,3 e as da D.O. Monterrei a 26.
A presenza das cinco denominaciones citadas na prensa que se edita en Galicia resultou moi alta.
Ademais, cabo cualificar de boa a presenza que o sector vinícola galego obtivo na prensa de Madrid, que ten difusión nacional.
Na prensa diaria da provincia de Barcelona e na do resto de comunidades autónomas, a presenza mediática dos viños galegos foi, en xeral, moito máis discreta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.