Os alcaldes de Santiago, Anxo Currás, e de Cambados, Luís Aragunde, xunto co director do Museo de Pontevedra, Carlos Vale, o escultor cambadés Manolo Paz, e o vicerrector de Cultura e Formación Continua da USC, Francisco Ramón Durán, acudiron á reunión convocada pola presidenta da asociación cultural Francisco Asorey, María do Carmen Asorey, para programar os actos de celebración da efeméride en Cambados e Santiago.
A comisión organizadora tamén ten previsto convocar en breve un Certamen de Escultura Francisco Asorey, destinado a novos artistas galegos ou que residan en Galicia. Poderán participar neste concurso escultores menores de 30 anos, presentando unha única obra de tema libre, inédita e orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.