PRESENTADO O ANO ASOREY. NESTE ANO CELÉBRASE O 125 ANO DO SEU NACEMENTO
O
pazo de Fonseca, en Compostela, e o pazo de Torrado, en Cambados, son os
escenarios elixidos para acoller a magna exposición que a asociación
Cultural Francisco Asorey está organizando con motivo do 125 aniversario
do nacemento en Cambados do escultor dá raza que se conmemora este ano.
A familia Asorey ten localizadas numerosas obras do gran escultor,
actualmente propiedade de particulares, que son inéditas para o gran
público e están sendo catalogadas para incluílas ?con permiso dos
propietarios- na citada mostra.
Os alcaldes de Santiago, Anxo Currás, e de Cambados, Luís Aragunde,
xunto co director do Museo de Pontevedra, Carlos Vale, o escultor
cambadés Manolo Paz, e o vicerrector de Cultura e Formación Continua da
USC, Francisco Ramón Durán, acudiron á reunión convocada pola
presidenta da asociación cultural Francisco Asorey, María do Carmen
Asorey, para programar os actos de celebración da efeméride en Cambados e
Santiago.
A comisión organizadora tamén ten previsto convocar en breve un Certamen
de Escultura Francisco Asorey, destinado a novos artistas galegos ou
que residan en Galicia. Poderán participar neste concurso escultores
menores de 30 anos, presentando unha única obra de tema libre, inédita e
orixinal.
Neste encontro, celebrado no Concello de Santiago, estudáronse as
distintas vías de financiamento de face ao desenvolvemento de
actividades culturais neste anos 2014, ademais da súa posible inclusión
entre os eventos do Ano Franciscano que se está desenvolvendo (en
conmemoración do 800 eniversario da peregrinación de San Francisco a
Compostela) e que sería acorde coa gran devoción que Asorey sentiu polo
santo de Asís. Outras iniciativas que se poñerán en marcha este ano consisten na
dotación de becas, da Fundación Banco de Santander e da propia
Universidade de Santiago (USC), para estudantes universitarios. Para o
mes de xullo prevese a celebración de cursos de verán da USC dedicados á
figura de Asorey, ademais de gestionar outras actividades a través da
fundación ONCE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.