O Concello de Cambados volve a deixar de lado
os colectivos de cidadáns mais necesitados de axuda, neste caso a aqueles
con problemas de mobilidade.
Estes problemas
coas beirarrúas non acaban ahí. Ademáis, o propio Concello decicíu
reducir aínda mais o espazo colocando elementos do mobiliario urbano
que prácticamente fan intransitable o paso por algunhas beirarrúas:
por toda a avenida de Vilagarcía, son moitos os tramos nos que as beirarrúas
son moi estreitas e aínda enriba teñen farolas no medio destas, outros
tramos desta mesma rúa están inclinados e hai vexetación de fincas
privadas que invaden a beirarrúa, impedindo o paso por elas.
Varios veciños desta zona puxéronse en contacto
nos últimos días co grupo municipal socialista para amosar a súa
preocupación pola situación que están a vivir: en moitas ocasións,
os peóns vense obrigados a invadir a estrada ó non existir ningunha
zona habilitada para eles co conseguinte risco que isto conleva xa que
lembramos que é unha estrada moi transitada por vehículos por ser
un dos principais accesos a Cambados, peor aínda se temos en conta
que algúns veciños deben facer este tramo con nenos.
Dende o PSOE de Cambados esixen que
se tomen medidas canto antes para coidar a seguridade vial dos peóns,
o eslabón mais débil da seguridade vial e polo que debería velar
principalmente o Concello de Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.