Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de diciembre de 2013

ROSA QUINTANA REPÍTESE COMA O ALLO


Dende o 2008 ven anunciando a nova ley contra o furtivismo, i en case 6 anos non avanzou nada, agardemos que esta sexa a derradeira.

A remisión da marea vermella nas Rías Galegas e a solución ó problema das agresións dos furtivos e o furtivismo en si foron os temas máis salientables sobre os que se pronunciou onte a Conselleira do Mar. As súas respostas a estas cuestións fundamentais para a xente do mar das Rías Baixas, foron.
A toxina que ven azoutando nas últimas semanas está a remitir case por completo. A día de hoxe (por onte)  tódolos bancos marisqueiros están abertos e os polígonos bateeiros faltan poucos por volver á actividade. 

Outro dos temas candentes nesta semana é o do furtivismo na Arousa. Xusto nesta xornada na que pasaron a disposición xudicial varios agresores a vixilantes da Confraría da Pobra a Conselleira asegura que pronto o furtivismo será considerado un delicto grazas a unha anunciada reforma do Código Penal que está arestora superando a súa tramitación parlamentaria. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.