Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de diciembre de 2013

PRESENTACIÓN DOS "VIÑOS ESPUMOSOS" DAS RIAS BAIXAS





O alcalde, Luis Aragunde, xunto co presidente do consello regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil Araújo, emais con representantes das adegas Mar de Frades, As Laxas, Pablo Padín, Eidosela e Señorío de Rubiós, presentaron hoxe os viños escumosos de Rías Baixas que se darán a coñecer o domingo, a partir das 12 horas, no salón de congresos José Peña. Durante o transcurso do evento vanse desenvolver catas das diversas elaboracións e mais unha demostración da maridaxe con ostras de Cambados aportadas polos depuradores cambadeses.
O alcalde de Cambados agradeceu a iniciativa das bodegas que van presentar na Capital do Albariño unha elaboración innovadora moi interesante co selo de calidade da denominación de orixe Rías Baixas. Tamén agradeceu a colaboración das depuradoras cambadesas que van posibilitar a demostración da maridaxe cos espumosos na xornada dominical. As persoas que desexen participar na cata do salón José Peña deberán inscribirse no consistorio.
Pola súa banda, os adegueiros agradeceron a iniciativa do Concello na organización desta xornada, así como o respaldo da denominación de orixe, e apostaron pola consolidación dos escumosos, incrementando a producción e traballando para introducilos paulatinamente no mercado e para exportalos a moitos países que xa coñecen e aprezan o albariño Rías Baixas.
As adegas impulsoras dos viños escumosos levan entre 4 e 5 anos traballando nesta elaboración, cuxa  producción vaise ampliando cada ano, nalgúns casos ata duplicar o número de botellas, debido á boa acollida que están recibindo nos mercados. Os adegueiros consideran que sería moi positivo que outras marcas se foran incorporando á producción de escumosos, porque isto redundaría na ampliación da oferta e na mellora paulatina da calidade.
As adegas van presentar na xornada do domingo as marcas de escumosos Laxas SensumBurbullas do AtlánticoFeitizo da NoiteSeñorío de Rubiós e Mar de Frades. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.